• Aucun résultat trouvé

CHAPITRE 4. PRISE EN CHARGE ET SUIVI DES ENFANTS AU BLOC OPERATOIRE DU CHRU DE

4.1 L'Hypominéralisation Molaires-Incisives en chiffres

Como xa se mencionou anteriormente non existen apenas publicacións realizadas por arquitectos sobre as medianeiras, xa que estas, na maioría dos casos constrúense coa intención de non ser vistas, motivo polo que os arquitectos non as tratamos como fachadas.

Pero, segundo Bosch (2007) “La imatge urbana d´una ciutat es compon de carres, places, avingudes, façanes, peró també de mitgeres,”(p.160).

No caso da cidade compacta a imaxe das medianeiras (mitgeres) é en ocasións determinante, polo que estas deben ser tratadas como un elemento da composición urbana da cidade.

La mitgera és en moltes ocasions una imatge consolidada i ha de ser tractada como un element de la composició urbana de la ciutat. Acceptat aquest punt, el tema que es planteja és com i quina manera s´ha de resoldre arquitectónicament el seu tratament. (Bosch, 20067 p. 160)

Fig. 13, 14 Medianeiras do edificio Gonviz en Pontevedra.

Realmente o que hoxe en día denominamos medianeiras, son paredes dobres que exercen a función de soporte e cerramento de xeito independente para cada propiedade. Isto é así, segundo Giménez (2007), dende o gran incendio de Roma, no ano 64, coa ley de Nerón que impuxo a todos os edificios de nova construción a obriga de sosterse polos seus propios medios, é dicir, que se abolía o concepto de muro medianeiro.

Giménez (2007) divide as causas de xeración de medianeiras na cidade de Barcelona en catro grupos, pero esta división podería extrapolarse a calquera cidade do mundo, nos modelos de cidade compacta, e como exemplos veremos distintas medianeiras provocadas na cidade de Pontevedra por eses motivos.

1) Descontinuidades no parcelario urbano. Estas descontinuidades poden ser provocadas por:

◦ Encontro de tecidos urbanos distintos. Un exemplo deste tipo é o que acontece no entorno da Colexiata da Peregrina, en Pontevedra, onde o Casco Histórico se une ó ensanche da cidade.

Fig. 15, 16 Entorno da Colexiata da Peregrina en Pontevedra.

◦ Apertura de vías. A apertura ou ampliación de novas vías, provoca que algunhas paredes medianeiras queden permanentemente expostas formando parte da paisaxe urbana.

Fig. 17,18 Medianeiras creadas por a apertura de vías na cidade de Pontevedra.

Creación de prazas e outros espazos públicos.

2) Contactos conflitivos con infraestruturas e equipamentos.

Fig. 21 Colexio Alvarez Limeses. Fig. 22 Medianeiras que dan ás vías do tren

3) Cambios normativos. Estes cambios normativos prodúcense cando se modifica a normativa vixente, os plans xerais, etc., e os principais son:

◦ Cambios de altura máxima. Os cambios na altura máxima de edificación provocan que moitas medianeiras, creadas con vocación de desaparecer, permanezan agora á vista, formando parte da paisaxe urbana.

Fig. 23, 24 Medianeiras producidas por cambio da altura máxima de edificación.

◦ Cambios de aliñación de fachada. Os cambios de aliñación, provocados en moitas ocasións polo cambio de plan, xera a aparición de medianeiras consolidadas na paisaxe urbana.

◦ Cambios de fondo edificado.

Fig. 27, 28 Medianeiras producidas por cambio do fondo edificado en Pontevedra.

◦ Desorde abusivo, urbanización marxinal e autoconstrución. A ausencia de plan, supón un crecemento da cidade sen control, onde prima a desorde e a urbanización marxinal, como por exemplo a aparición de edificios exentos ocupando toda a superficie do solar.

Fig. 29, 30 Urbanización marxinal, ocupando toda a superficie do solar e xerando dúas medianeiras, na cidade de Pontevedra.

4) Topografía. A topografía tamén condiciona en moitas ocasións a aparición de medianeiras na cidade.

Fig. 31 Medianeiras cara o Río Gafos en Pontevedra.

Pero, como integrar estas medianeiras na paisaxe urbana? Segundo Giménez (2007) a mellor medianeira é a que non se ve, pero isto en moitas ocasións non é posible, xa

sexa porque as normativas vixentes o impiden, pola creación ou apertura de vías, etc., polo que hai que buscar formas que permitan a integración das medianeiras na paisaxe urbana.

Esta “fractura urbana” que provocan as medianeiras na paisaxe (escena) empeza a ser, dende hai xa algún tempo, un tema que preocupa a toda a sociedade en xeral e non soamente ós arquitectos, xa que escritores, como por exemplo Millán (2005), describen perfectamente o problema das medianeiras.

Son frecuentes los derribos de casas en el casco antiguo de Barcelona (y de otras ciudades): la presión especulativa o el estado de decrepitud de los inmuebles fuerza a su desaparición. Pero el tiempo que media entre el derribo y la construcción de la nueva casa genera un espectáculo insólito, melancólico... Las paredes de los edificios colindantes -o que en la jerga técnica se llaman las "medianeras"- permanecen, como es lógico, pero con la huella de los hogares idos.

Las medianeras conservan la pintura de las habitaciones, el empapelado, los azulejos de baños o cocinas, el interior de armarios empotrados y alacenas, el cono negruzco de las chimeneas y el hollín de conductos ya desaparecidos, el perfil de los escalones y la huella de los pasamanos en las escaleras, sendas de hilos eléctricos y cañerías, vestigios de váteres y fregaderos... En medio de estas ruinas planas y verticales, algunos elementos sobresalen: clavos en la pared, muñones de grifos, interruptores o enchufes, o el casquillo donde se enroscó una solitaria bombilla.

Además de contar la historia de décadas de uso y de reflejar un presente para siempre detenido, estas paredes también son un palimpsesto. El empapelado a rayas abatido por la intemperie revela debajo una pared de un verde extraño, que a través de los desconchones descubre un friso dieciochesco. Las medianeras hablan también de la presión inmobiliaria, de la especulación del suelo, porque un nuevo inmueble, retranqueado junto a las huella de la casa antigua, muestra cómo se han encajado cuatro pisos allá donde sólo había tres en la primitiva,

Si el "Diablo Cojuelo" levantaba los techos de las casas del XVII para observar a sus habitantes como quien sobrevuela una maqueta ("Y levantando a los techos de los edificios, por arte diabólica, lo hojaldrado, se descubrió la carne del pastelón de Madrid"), las medianeras cuentan más bien la historia en vertical, a lo "13, rue del Percebe", aunque cada viñeta involuntaria de este tebeo trágico sólo está abierta a las mentalidades avezadas en la lectura de vestigios. La vida que albergaron esos muros es sólo un eco, patente en las huellas de grasa allá donde estaba la cocina, el roce de muchas manos en la escalera, rastros de actividad y estampitas clavadas a la vera de un lecho... Hay mucha miseria en los barrios antiguos de Barcelona, y lo que las fachadas velan púdicamente, las medianeras lo descubren.

De todos los elementos de la vida de las casas quizás los que más obscenamente aparecen ante los ojos del viandante sean los relacionados con las funciones corporales: la ingesta, la excreción, la higiene. Los baños y las cocinas -reductos de la intimidad doméstica- aparecen ahora expuestos, en plano de igualdad con las zonas

públicas -escaleras- o con los salones. Cañerías y azulejos señalan ya desde lejos la naturaleza diferencial de esas zonas, dispuestas para las humedades. Mientras que las manchas de grasa a la cabecera de una antigua cama pueden inspirar ternura, las interioridades de un baño abierto o una cocina despanzurrada más bien provocan repulsión (Extraido de http://jamillan.com/medianeraw.htm, 2006. (unha versión deste artículo foi publicado no periódico “El Pais en decembro de 2005).

Neste artículo Millán describe o que acontece, igual que facía Rilke, nestas paredes medianeiras que “florecen” por todas as cidades do mundo, nos modelos de cidade compacta, deixando ó descuberto paredes que non se pensaron para quedaren expostas e que agora forman parte da paisaxe urbana.

Tamén o cine trata este tema, nunha película titulada “Medianeras” do director arxentino Gustavo Taretto (2004). Unha curtametraxe na que a cidade de Buenos Aires é o escenario de esta historia. Segundo describe o propio director, Mariana e Martín viven historias parecidas, viven soidades parecidas, viven neuroses parecidas, incluso viven na mesma rúa, pero no poden coñecerse. O mesmo que os une é o que os separa: medianeiras.

Afortunadamente, cada vez máis os concellos empezan a tomar conciencia deste problema de fractura urbana que xeran as medianeiras, e formulan actuacións a escala global como as levadas a cabo por exemplo na cidade de Barcelona polo Institut del Paisatge Urbá i la Qualitat de Vida, dende o que se pretende integrar as medianeiras (mitgeres en catalán) na paisaxe, ou a iniciativa levada a cabo polo Concello de Sevilla no polígono de San Pablo baixo a campaña “Arte para todos, 2010”, na que 35 muralistas e escultores internacionais doan a súa arte á cidade; achegando a arte contemporánea a persoas que normalmente non visitan museos, de modo que se lograba, localizando os murais en paredes deterioradas, converter o barrio nun gran museo ó aire libre e enriquecer a imaxe urbana da cidade.

Documents relatifs